Anuncio de Contratación de persoal administrativo polo GALP Ría de Pontevedra

En virtude do acordo da Xunta Directiva do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra, do día 18 de xullo de 2017, decidiuse continuar o proceso de selección de persoal, de cara ao Programa FEMP 2014/2020, acordando a Comisión de Selección encargada do proceso a publicación das bases que rexerán dita convocatoria. Este proceso fai referencia á selección dunha persoa para cubrir o posto de administrativo/a.

As bases do proceso de selección están a disposición de todas as persoas interesadas na sede do GALP en Departamento de Exportadores, 14. Lonxa do Porto de Marín –Pontevedra (luns a venres de 9 a 14 horas), podéndose tamén descargar na páxina web dos GALP https://galp.xunta.gal/

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á data de publicación do anuncio, nun diario de maior tirada da zona que comprende o GALP, tal e como establecen as  bases de contratación.

A Comisión de Contratación

Publicado o 26 de xullo de 2017 no Diario de Pontevedra