CURSO COMPETENCIAS NO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE TURISMO MARIÑEIRO NO ÁMBITO DO GALP RÍA DE PONTEVEDRA
Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia están a traballar dende hai anos, de xeito individual e coordinadamente, no desenvolvemento do turismo mariñeiro. Froito de esta colaboración xurdiu o proxecto MarGalaica, que trata de aglutinar e incorporar toda a oferta de turismo mariñeiro de Galicia.
Os GALP de Galicia, a través de Margalaica no ano 2017 están a por en marcha a Ruta dos Faros de Galicia, un proxecto de grande ruta que, recorrendo toda a costa de Galicia pretende integrar recorridos, recursos, visitas a Faros, oferta de restauración e actividades turísticas, especialmente as de contido mariñeiro, así como visitas a portos pesqueiros e Lonxas.
Neste contexto, dende Margalaica Turismo Mariñeiro preténdese potenciar a presenza de actividades de turismo mariñeiro na Ruta dos Faros de Galicia, ao tempo que se persigue consolidar a oferta de turismo mariñeiro existente e por en marcha iniciativas que estean a dar os primeiros pasos.
Os destinatarios dos cursos son:
-Mulleres profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Xoves, ata 35 anos profesionais do mar ou con vínculos familiares co sector do mar.
-Propietarios, traballadores e familiares de estaleiros, carpinterías de ribeira e embarcacións tradicionais.
O curso adaptaranse ás necesidades e composición do alumnado. Os contidos estarán orientados a aportar aos prestadores de actividades de turismo mariñeiro as capacidades mínimas para dirixirse ao mercado para a captación de usuarios (clientes), a creación de produtos e experiencias e a xestión da actividade de turismo mariñeiro.
A data de realización do curso presencial será o 18 de setembro de 2017 e terá unha duración de tres horas, de 17 a 20 horas. Confirmarase a todas as persoas inscritas o lugar e local dentro do territorio GALP Ría de Pontevedra.
O prazo para a presentación de solicitudes de participación remata o 14 de setembro ás 23:59h. As solicitudes deberán ser feitas remitindo o impreso adxunto a gac6@accioncosteira.es
Nos seguintes enlace podemos descargar o impreso de solicitude e información complementaria: