3 proxectos do GALP Ría de Pontevedra entre os finalistas aos premios Economía Azul

A Consellería do Mar co obxectivo de recoñecer, promocionar e dinamizar aqueles proxectos subvencionados ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016 para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas polos GALP no ano 2016, lanza a primeira edición dos premios Economía Azul.

Para a posta en marcha desta primeira edición, a Consellería do Mar contou co apoio dos GALP os cales propuxeron, para  cada unha das categorías, os proxectos candidatos aos premios.De entre todos os proxectos propostos polos GALPs seleccionáronse 3 candidatos por categoría entre os cales atópanse 3 proxectos finalistas do GALP Ría de Pontevedra.

Dentro da categoría “Apoio á pesca costeira artesanal” o GALP Ría de Pontevedra conta con dous proxectos candidatos:

“Mellora da gobernanza da xestión pesqueira artesanal no ámbito do Parque Nacional das Illas

Atlánticas”: trátase dun proxecto conxunto promovido polas confrarías de pescadores dos territorios dos GALP Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo – A Guarda. Con este proxecto quérese destacar o papel dos pescadores artesanais como custodios do medio mariño, así como manter os empregos e asegurar o relevo xeracional permitindo o desenvolvemento das pesquerías tradicionais así como o mantemento do acervo cultural tradicional pesqueiro e marisqueiro do ámbito das 3 rías.

“Descarpesc, caracterización de descartes na pesca artesanal da flota de Bueu”: é un proxecto promovido pola confraría de Bueu mediante o cal preténdese caracterizar os descartes xerados pola frota costeira artesanal na Ría de Pontevedra para determinar os posibles problemas e impactos que a posta en marcha da nova política de descartes xeraría na pesca artesanal.

Dentro da categoría “Creación de emprego” o GALP Ría de Pontevedra conta cun proxecto candidato:

 

“Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal”: proxecto promovido pola empresa “Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L.” crea unha nova

liña de produción para os cefalópodos (polbo) procedentes das capturas da flota pesqueira artesanal galega

e asociarse á marca PescadeRías, De onde se non? como un selo de identidade para a promoción e defensa dos produtos do mar.

Estes premios contan cun total de 4 categorías (Apoio á pesca costeira artesanal, Creación de emprego, Diversificación, Innovación local) e 12 proxectos candidatos, os cales para poder gañar esta primeira edición dos premios Economía Azul precisan dos votos do público.

A consellería habilitou unha web de información e votación dos candidatos aos premios así como un canal de Youtube onde están dispoñibles pequenos vídeos sobre cada un dos proxectos candidatos  e diferentes redes sociais onde atopar máis información sobre esta primeira edición dos premios Economía Azul