O GALP Ría de Pontevedra celebra as primeiras sesións dos programas «Aliadas» e «Embarca» dentro do seu proxecto Candieira

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra, que coordina e forma parte do proxecto «Candieira: Rede de apoio e promoción dás mulleres do mar» puxo en marcha onte en Poio, no Centro Cultural Xaime Illa, un dobre programa de asesoramento empresarial e asociativo.

Tras os talleres de ideas celebrados ao longo de toda a costa galega durante o verán, as primeiras sesións dos programas Embarca (brinda asesoramento a mulleres con proxectos emprendedores en turismo mariñeiro) e Aliadas (proporciona as ferramentas precisas para levar a cabo iniciativas de asociacionismo das mulleres do mar), cos que se procura reforzar e mellorar a capacitación en cuestións de emprendemento e nos ámbitos organizativo, laboral e persoal, contaron onte cunha boa acollida por parte das mulleres do mar do territorio do GALP Ría de Pontevedra.

Durante as sesións, as mulleres asistentes traballaron e potenciaron os lazos asociativos e deseñaron 2 iniciativas «A semana cultural do mar na Ría de Pontevedra» e «A mellora da saúde das traballadoras do mar». Ademais dentro do programa Embarca traballaron na promoción de actividades de turismo mariñeiro.

Se eres muller e queres emprender na contorna da Ría de Pontevedra, infórmate sobre o proxecto Candieira e participa