O GALP Ría de Pontevedra participará no 5ºCongreso da Red Española de mulleres no sector pesqueiro
O próximo 21 e 22 de novembro, celébrase en Valencia, na cidade das artes e das ciencias, o 5º Congreso da Rede Española de mulleres no sector pesqueiro. O congreso, centrado no papel da muller na pesca e acuicultura, quere poñer en valor a labor que tradicionalmente veñen desempeñando as mulleres no litoral e ademais dar protagonismo ás novas xeracións de mulleres xóvenes do sector pesqueiro.
Coa asistencia ao congreso o GALP Ría de Pontevedra, ao igual que co seu proxecto «Candieira», quere fomentar o empoderamento da muller e a igualdade no sector pesqueiro, o diálogo e o intercambio de puntos de vista e experiencias.
Por outra banda, o desenvolvemento de proxectos de turismo por parte do sector pesqueiro, tamén é un punto de especial interés para o GALP Ría de Pontevedra, xa reflexado na súa estratexia de desenvolvemento local participativo, polo que tras a clausura do congreso os representantes do GALP Ría de Pontevedra realizarán unha visita de estudo para aprender sobre as iniciativas e proxectos de turismo mariñeiro postos en marcha no territorio do Grupo de Acción Local de Pesca e Acuicultura da Rexión de Murcia (GALPEMUR) e do GALP Gandía – Albufera.