O GALP Ría de Pontevedra informa sobre a nova convocatoria de axudas

Como parte da colaboración entre o GALP Ría de Pontevedra e Abanca, ambas entidades organizan unha xornada informativa o próximo 7 de febreiro no local que a entidade financeira posúe no Porto Náutico de Sanxenxo. Con este acto quérese trasladar de primeira man toda a información sobre a nova convocatoria de axudas 2018, información sobre proxectos subvencionables, prazos, documentación, exemplos de proxectos de éxito, etc.

Dende o GALP Ría de Pontevedra anímase a todo aquel que teña un proxecto en mente onde se escoite o mar que acuda a este acto informativo como primeiro paso na posta en marcha da súa iniciativa. Os proxectos poderán acadar un financiamento 50 % da investimento con carácter xeral, a do 80 % aqueles proxectos relacionados coa pesca costeira artesanal.

A xornada terá lugar en:

  • Lugar: Edificio Real Club Náutico de Sanxenxo (local ABANCA)
  • Día: Miércoles, día 7 de febrero de 2018
  • Horario: 13:00 h – 14:00 h

Invítase a este acto a todas aquelas persoas interesadas no desenvolvemento dun proxecto relacionado co mar no territorio do GALP Ría de Pontevedra que abarca los Concellos de Meaño, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín e Bueu. A convocatoria está aberta ata o 1 de marzo de 2018.

De non poder asistir a este acto vos recordamos que podedes contactar con nós e informaros en:

Departamento de Exportadores 14, Lonxa de Marín. Porto de Marín. 36900, Marín (Pontevedra)

T: 886 213.015

M: 698.180.887

e-mail: gacpontevedra@gmail.com