O GALP Ría de Pontevedra renova o seu convenio con Abanca
Como parte da colaboración entre o GALP Ría de Pontevedra e Abanca, ambas entidades organizaron un acto o pasado 7 de febreiro no local que a entidade financeira posúe no Porto Náutico de Sanxenxo.
En dito acto se procedeu á renovación do convenio enmarcado dentro do plan da entidade financieira para dar resposta ás necesidades do sector pesqueiro e especialmente a aqueles que promotores que levan a cabo proxectos no GALP Ría de Pontevedra
Tras a firma do convenio, realizouse unha xornada de difusión da convocatoria de axudas de marzo de 2018 que tivo un alto nivel de participación.