Aberto a consulta pública o proxecto de Real Decreto polo que se establecen as condicións para o desenvolvemento da actividade de pesca-turismo
De conformidade co previsto no artigo 26.2 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno, modificado pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público e, con carácter previo á elaboración do texto, sométese a consulta pública, dende o pasado 5 de abril ata o vindeiro 19 de abril, a información sobre o proxecto de Real Decreto polo que se establecen as condicións para o desenvolvemento da actividade de pesca turismo.