Pescadoartesanal.com promove a dinamización das prazas de abastos
O proxecto «pescadoartesanal.com«, levado a cabo polas confrarías da Ría de Pontevedra xunto co GALP Ría de Pontevedra, promove a posta en valor do produto pesqueiro artesanal a través de campañas de distinción e promoción do produto local. Neste senso, se otorga a aquelas pescantinas que conten con produtos procedentes das lonxas da Ría de Pontevedra os porta prezos «pescadoartesanal.com» para sinalar os produtos pesqueiros que procedan das lonxas de Bueu, Campelo, Marín ou Portonovo.
Para garantizar o correcto emprego dos porta prezos «pescadoartesanal.com«, iníciase unha campaña de comprobación na cal a Asistencia Técnica do proxecto comprobará o emprego dos porta prezos en todas aquelas pescantinas que conten con dito distintivo.
Ademáis disto, durante o mes de xullo se están a realizar reunións coas asociación das prazas de abastos para poñer en marcha unha campaña de promoción que vai consisti en:
– Promoción das prazas de abastos, das pescantinas e do produto costeiro artesanal a través de redes sociais e mediante o emprego de Whatsapp como método de realización de pedidos.
– Sorteos de material promocional entre os clientes das pescantinas
Con estas iniciatívas procúrase a atracción de clientes dandolles un novo método de contacto que lles permita realizar o pedido de produto pesqueiro artesanal e acordar o horario de recollida, facilidanto a compra de peixe e otorgando a posibilidade de obter un agasallo pola súa compra.