O GALP Ría de Pontevedra loita contra a falta de relevo xeracional no sector pesqueiro

O GALP Ría de Pontevedra está a traballar, xunto coas concellerías de Pomoción Económica dos concellos e centros de educación secundaria do seu territorio, nunha nova iniciativa coa cal dar a coñecer as oportunidades de emprego relacionadas co mar, especialmente coa pesca o marisqueo e a acuicultura.

Esta iniciativa coa cal o GALP Ría de Pontevedra quere mellorar o relevo xeacional do sector pesqueiro e das profesións vinculadas ao mar, céntrase na realización de actividades informativas dirixidas ao alumnado dos IES que consistitrán na presentación, nas aulas e in situ, das distintas profesións. Ademais se realizará un catálogo e material audiovisual para amosar os diferentes oficios e titulacións que ofrece o futuro profesional mariñeiro.

A falta de relevo xeracional é unha das preocupacións do sector pesqueiro, feito que o GALP Ría de Pontevedra xa contemplou na súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) polo que, con este tipo de actividades, quérese fomentar o emprego vinculado ao mar e específicamente cos recursos pesqueiros e marisqueiros do territorio loitando contra a falta de relevo xeracional que o sector ven demandando dende fai tempo, tal e como expoñe na noticia publicada hoxe no xornal «La Voz de Galicia».