Candieira presenta a «Guía de coidados da saúde para o benestar das mariscadoras» da man das mariscadoras da Ría de Pontevedra
Tras meses de traballo centrado na saúde e calidade de vida das mariscadores, dentro do programa «Aliadas» do proxecto de cooperación «Candieira: rede de apoio e promoción das mulleres do mar«, as mariscadoras da Ría de Pontevedra identificaron as doenzas máis frecuentes entre quen se dedica ao sector pesqueiro extractivo, analizaron as causas e determinaron as atencións necesarias para poder adotar mecanismos de prevención.
Todo este traballo reflíctese no deseño dun cartel que recolle recomendacións en cuestións de alimentación, protección da pel e seguridade física, así como unha táboa de exercicios para estirar e previr lesións en brazos, pernas, pescozo, tronco e lumbares.
Para dar a coñecer o seu traballo dentro do programa Aliadas, as mariscadoras da Ría de Pontevedra realizarán a presentación do seu cartel informativo o próximo martes 4 de setembro ás 12:30 na Reiboa, Poio.
Invitación presentación das mariscadoras da Ría de Pontevedra