Nova edición do curso «Formación do profesionáis do mar para guías no parque nacional»
Tras o gran éxito da primeria edición do curso «Formación do profesionáis do mar para guías no parque nacional» como parte do proxecto de cooperación «Mar das Illas», o GALP Ría de Pontevedra celebra unha segunda edición de dita formación no Porto de Marín do 6 ao 9 de novembro, en horario de tarde. Ao igual que na primeria edición, o curso pretende capacitar aos participantes para exercer a actividade de turismo mariñeiro no entorno do Parque Nacional, de xeito que sexan quen de manexar as ferramentas interpretativas precisas que axuden a divulgar con rigor o patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.
Para participar é preciso realizar a inscripción a través do formulario dispoñible na web do proxecto.
Este curso desenvolvese como parte do proxecto de cooperación «Mar das Illas 2: Sostibilidade e Boas Prácticas na Pesca – Turismo» presentado polo GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Vigo – A Guarda no mes de xullo. Con este proxecto os GALPs queren promover o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación que permitan visibilizar e garantir a sostibilidade das súas prácticas no ámbito do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación de melloras da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.
Tras a resolución de aprobación recibida no mes de setembro, os GALPs participantes estan a poñer en marcha as distintas actividades que forman parte do proxecto polo que nos vindeiros meses celebrarase un segundo curso formativo de especialización en «Pesca sostible» que completará o perfil profesional para a divulgación do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira e formará aos profesionais do mar en temática ambiental promovendo a pesca sostible e non invasiva co medioambiente garantindo a continuidade dos recursos pesqueiros.
Para máis información sobre o proxecto e os cursos formativos podedes contactar con nos a través do teléfono 886 21 30 15 ou ben do correo electrónico gacpontevedra@gmail.com