Nova convocatoria de axudas a proxectos

O GALP Ría de Pontevedra ten en marcha a nova convocatoria de axudas a proxectos 2019 ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2016, polo que co obxectivo de  chegar a toda a poboación interesada en emprender no seu territorio, atópase a disposición dos posibles beneficiarios para informarlles dos tipos de proxectos, obxectivos, requisitos, modelos de solicitude e prazos de presentación.

Os proxectos a presentar poderán ser de dous tipos:

  • Proxectos produtivos: supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego.
  • Proxectos non produtivos: non supoñen o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou non estean afectos a unha actividade económica.

Con carácter xeral os proxectos, tanto produtivos como non produtivos, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Contribuír aos obxectivos da estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobada para a zona pesqueira onde se vaian desenvolver. A EDLP do GALP Ría de Pontevedra, establece 5 obxectivos:
    1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.
    2. Diversificación e xeración de actividade económica no litoral
    3. Melloras ambientais ou concienciación económica
    4. Posta en valor e a conservación do patrimonio
    5. Fomento da cooperación e o desenvolvemento local
  • Estar localizados no ámbito territorial do GALP.
  • Ser viables técnica e economicamente.
  •  Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

Se tes un proxecto en mente no cal se escoita o mar, e cumpres cos requisitos establecidos pola Orden de axudas do 24 de maio de 2016, podes atopar aquí os modelos de documentación que terás que entregar ata o 1 de marzo na sede do GALP Ría de Pontevedra ou ben a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

A web do GALP conta cun apartado onde se poden atopar toda a información, documentos e exemplos de proxectos aprobados (produtivos e non produtivos) noutras convocatorias.

De aqui ata o 1 de Marzo de 2019, o GALP Ría de Pontevedra axudará aos promotores interesados en levar a cabo o seu proxecto (sexa produtivo ou non produtivo) en todo o que precisen, asesorándoos na elaboración da memoria do seu proxecto e apoiando as novas iniciativas dos promotores.