Acto de entrega de diplomas no marco do proxecto «Mar das Illas 2: sostibilidade e boas prácticas na pesca – turismo»

Hoxe venres 14 de decembr ás 18:00h o, no salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, celébrarase o acto de entrega de diplomas do proxecto de cooperación «Mar das Illas 2: sostibilidade e boas prácticas na pesca – turismo» levado a cabo polo GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Vigo – A Guarda e o GALP Ría de Pontevedra.

O principal obxectivo do proxecto é a promoción e o desenvolvemento por parte do sector pesqueiro de actividades de diversificación sostibles no ámbito do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia a través da formación e da regulación da comercialización de produtos e servizos da pesca no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia.

Tras a celebración dos cursos formativos (un sobre turismo mariñeiro e outro de especialización en pesca sostible), chega o momento da entrega dos diplomas aos participantes en ditos cursos polo que esta tarde celebrarase o acto de entrega que estará presidido pola Conselleira do Mar, Rosa Quintana.