Procedemento de Contratación de Asistencia Técnica para a posta en marcha da Actividade de Dinamización Remuda xeracional do GALP Ría de Pontevedra.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra, dada a demanda do sector pesqueiro de falta de relevo xeracional, pon en marcha un proxecto divulgativo grazas ao cal ensinar aos xóvenes as saídas profesionais vinculadas ao mar.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer á mocidade (estudantes do/s último/s ano/s da ESO e bacharelato) as posibilidades laborais que ofrece o sector pesqueiro para promover o relevo xeracional e, en xeral, os oficios vinculados ao mar con especial énfase en aqueles vinculados as actividades do crecemento azul.
As actividades a realizara para a promoción da incorporación da mocidade e oficios vinculados ao sector pesqueiro ou marítimo en xeral, son as seguintes:
‐ Invitacións aos centros escolares a participar coa achega do programa deseñado de actividades a desenvolver polos alumnos do centro educativo.
‐ Edición de material didáctico para repartir aos escolares participantes na campaña (solo impresión do material xa dispoñible polo GALP).
‐ Xornada nas aulas. Presentación de oficios pesqueiro e marítimos nas aulas dinamizados con vídeos de persoas do sector orgullosas do seu traballo (vídeo xa realizado polo GALP).
‐ Xornadas de visita ás principais actividades do sector
‐ Memoria de execución.
Bases e documentación a presentar
Guía “Remuda xeracional”: profesións, estudos e saídas profesionais
GALP 6_ANEXO III_Instrucción 11_Contratación