Procedemento de Contratación de Asistencia Técnica para xestión de redes sociais e comunicación on-line do GALP Ría de Pontevedra.

Na actualidade, as redes sociais son unha canle moi importante de comunicación a través da cal o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra quere dar a coñecer as súas actividades e contribuír á dinamización da presentación de proxectos ás convocatorias anuais de axudas.

Por este motivo pon en marcha un procedemento de contratación para mellorar a súa presenza online. O GALP Ría de Pontevedra conta xa con:

  • páxina web propia na que colga información sobre a súa actividade: galpriadepontevedra.org.
  • Ademáis colga a información tamén na web que a Consellería do Mar ten habilitada para os GALPs de Galicia galp.xunta.gal.
  • E a plataforma de comercialización conxunta das lonxas da Ría de Pontevedra pescadoartesanal.com
  • En canto a redes sociais, o GALP Ría de Pontevedra xestiona unha conta de facebook ao seu nome (perfil e páxina) e un canal de youtube.
  • Tamén teñen redes sociais asociadas o proxecto pescado artesanal (facebook, twitter e instagram, linkedin).

Deberá terse en conta que unha parte importante da labor do GALP é servir como nexo de unión entre as asociacións que a conforman non soamente para o desenvolvemento de accións conxuntas senón para poñer en común as actividades que realizan todas elas.

Bases e documentación a presentar

Aclaracións ao procedemento

GALP 6_ANEXO III_Instrucción 11_Contratación