O CENTRO CULTURAL XAIME ILLA DE RAXÓ ACOLLE ESTE SÁBADO A PRESENTACIÓN DO PROXECTO ‘RÍAS DE VIDA’
O CENTRO CULTURAL XAIME ILLA DE RAXÓ ACOLLE ESTE SÁBADO A PRESENTACIÓN DO PROXECTO ‘RÍAS DE VIDA’, UNHA SERIE DE 25 VÍDEOS SOBRE OS FONDOS MARIÑOS DA RÍA DE PONTEVEDRA E AS ESPECIES QUE OS HABITAN
A iniciativa, que será presentada polos seus autores, Pedro Alonso Seoane e Luis López Cordeiro, conta co apoio económico da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca a través do GALP Ría de Pontevedra
O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, en Poio, acollerá este sábado, día 26, a partir das 18.00 horas, o acto de presentación do Proxecto de Vídeo Submarino Rías de Vida, impulsado pola Asociación Cultural do mesmo nome e que conta co financiamento do GALP Ría de Pontevedra, a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.
O acto será presentado por Enrique González Figueroa, do Instituto Galego de Formación en Acuicultura, e nel intervirán os autores do traballo, Pedro Alonso Seoane (videógrafo submarino) e Luis López Cordeiro (fotógrafo submarino).
A Asociación Rías de Vida, de Poio, ten como obxectivo dar a coñecer os valores ambientais da Ría de Pontevedra. O GALP colabora no financiamento de mellores equipos de grabación submarina e de mergullo, que lles permitan continuar o seu labor e, neste caso, elaborar vídeos documentais sobre os fondos mariños da ría e as especies que os habitan.
O proxecto que se presenta este sábado está composto por 25 vídeos submarinos de curta duración e de carácter divulgativo e educativo, que estarán publicados en YouTube, en el canal Rias de Vida de Galicia, para que calquera persoa os poida ver.
A presentación será introducida pola Teniente de Alcalde de Poio Dona Consuelo Besada e secretaria do GALP Ría de Pontevedra. Nela poderase coñecer un pouco más polo miúdo como se desenvolveu o traballo de elaboración e os seus obxectivos, así como asistir ao visionado destes vídeos.