GALP anima ós estudantes a ve-lo seu futuro no sector do mar
Nas derradeiras semanas o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Pontevedra puxo en marcha a iniciativa “Remuda xeracional, Cal é o teu oficio”, levándoa ós centros de ensinanza secundaria e profesional dos concellos da Ría de Pontevedra. O obxectivo é ampliar a visión que teñen os xoves sobre o sector do mar, dándolles a coñecer os cambios que se produciron nos últimos anos nos postos tradicionais, así como as novas actividades que foron xurdindo.

Do venres 11 de outubro ata o xoves 7 de novembro, estaremos a desenvolver a primeira fase do proxecto consistente en obradoiros nos que co apoio dunha presentación tentamos trasladarlles esta realidade laboral do mar dun xeito lúdico ós alumnos. A partires do venres 8 de novembro e ata o día 19 de decembro programaranse visitas guiadas a empresas e entidades do sector para que os xoves podan coñecer de man dos traballadores os oficios e as súas experiencias.

A continuación detallamos a axenda do programa actual de “Remuda xeracional, Cal é o teu oficio”. Para máis información poden consultar a GUÍA DO PROXECTO.
| OBRADOIROS | |
| DATA | CENTRO EDUCATIVO |
| 11/10/19 | IES de Poio |
| 14/10/19 | IES Illa de Tambo IES Johan Carballeira |
| 15/10/19 | IES Illa de Tambo |
| 17/10/19 | IES Mestre Landín |
| 18/10/19 | IES de Sanxenxo |
| 21/10/19 | IES A Xunqueira I IES A Xunqueira II |
| 22/10/19 | IES A Xunqueira I |
| 23/10/19 | IES A Xunqueira II |
| 24/10/19 | IES Chan do Monte IES Frei Martín Sarmiento |
| 25/10/19 | IES Chan do Monte |
| 29/10/19 | IES de Sanxenxo |
| 04/11/19 | IES Johan Carballeira |
| 06/11/19 | IES de Meaño |
| 07/11/19 | IES Mestre Landín |
| 13/11/19 | CPR Sagrado Corazón de Pontevedra |
| 22/11/19
29/11/19 |
CPR Sagrado Corazón de Placeres |
| EXCURSIÓNS | |
| DATA | CENTRO EDUCATIVO |
| 08/11/19 | IES de Sanxenxo |
| 14/11/19 | IES de Meaño |
| 20/11/19 | IES John Carballeira |
| 21/11/19 | IES Chan do Monte |
| 25/11/19 | IES A Xunqueira I |
| 04/12/2019 | CPR Sagrado Corazón de Placeres |
| 10/12/19 | IES Frei Martín Sarmiento |
| 19/12/19 | IES Illa de Tambo |














