Amar o Mar: Ría de Pontevedra sen plásticos
AMAR O MAR: RÍA DE PONTEVEDRA SEN PLÁSTICOS é un proxecto de EDUCACIÓN AMBIENTAL, DIVULGACIÓN E CIENCIA CIDADÁ que se desenvolve ao través de diversas actividades que fomentan o coñecemento e a investigación do ecosistema praia co obxectivo final de involucrar á comunidade escolar (nenos, nenas, familiares e profesorado) no coñecemento e divulgación do patrimonio natural e cultural vinculado ao mar, en concreto ás praias, para a súa posta en valor en conservación.
A acumulación de masivas cantidades de plástico nos ecosistemas mariños é un dos grandes problemas medioambientais ao que nos enfrontamos na actualidade. O plástico encarna unha grave ameaza para a biodiversidade e para todo tipo de fauna: a gran escala podémolo atopar en practicamente calquera parte do planeta contaminando lugares inaccesibles; a pequena escala, sabemos que pode chegar a formar parte dos organismos por bioacumulación. O lixo plástico tamén acelera o cambio climático: varios gases de efecto invernadero emítense á atmosfera a medida que o lixo plástico se vai degradando. Deste xeito, ademais de ter un impacto negativo nos organismos e ecosistemas, ao descompoñerse emite metano e etileno, dous potentes gases de efecto invernadoiro.
Os plásticos mariños poden provocar que as praias perdan a súa esencia natural e as súas funcións ecosistémicas, algunhas directamente relacionadas co amortecemento do cambio climático. Dende o punto de vista do interese socioeconómico, as praias, xunto cos sistemas dunares e baixos mareales proporcionan unha ampla zona de amortiguación para os hábitats costeiros naturais e os desenvolvementos urbanos grazas á súa función de regulación, control da erosión e protección costera. Ademáis as praias proporcionan importantes servizos como a filtración de grandes volumes de auga de mar e a eliminación e renovación de nutrientes, contaminantes do sistema. Dende o punto de vista ecolóxico, as praias dan acubillo por centos de especies. As de maior tamaño e mobilidade pasan só unha parte do seu tempo na praia alimentándose ou aniñando (peces ou aves), mentres que as que viven permanentemente alí están moi adaptadas a un ambiente dinámico, tenden a ser pequenas e atópanse enterradas na area.
O proxecto AMAR O MAR está dirixida a escolares do/s último/s ano/s do ciclo de Primaria, pero implícase a toda a comunidade escolar (alumnos, profesores, nais e pais) mediante a organización de actividades abertas ao público en xeral. Combina visitas guiadas interpretativas e actividades para o fomento da ciencia cidadá e investigación escolar. O programa diario comeza cunha charla de sensibilización dunha hora de duración e continúa cun proxecto investigador de dúas horas sobre o terreo, nunha praia da contorna do centro educativo, co apoio da App MARNOBA. A Plataforma MARNOBA ten como obxectivo recompilar, almacenar e mostrar dun modo sinxelo información sobre os lixos mariños das nosas costas, praias, flotantes e fondos, mediante a utilización dunha aplicación para dispositivos móbiles (App MARNOBA). O proxecto conta cunha páxina web onde se poden ver os resultados das recolleitas realizadas. MARNOBA busca a colaboración do cidadán coa ciencia, facilitando unha información de calidade. O proxecto Plataforma MARNOBA da Asociación Vertidos Cero desenvolveuse co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica MITECO) e KAI Marine Services e conta con máis de 300 colaboradores que envían regularmente datos dos diferentes escenarios mariños.
Data | Concello | Colexio | Praia |
26/11/19 | Bueu | CEIP Plurilingüe Torre de Cela | Agrelo |
28/11/19 | Marín | CEIP Seixo | Aguete |
29/11/19 | Pontevedra | CEIP Cabanas | Praceres |
03/12/19 | Poio | CEIP Plurilingüe Chancelas | Chancelas |
04/12/19 | Sanxenxo | CEIP Plurilingüe A Florida | Silgar |
05/12/19 | Meaño | CEIP de Coirón-Dena | Foxos |