O GALP Ría de Pontevedra promove a remuda xeneracional no sector pesqueiro
O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Pontevedra finaliza a segunda edición do seu proxecto “Remuda xeracional, Cal é o teu oficio” para informar e dar a coñecer á mocidade o sector marítimo – pesqueiro e as posibilidades laborais que ofrece o mundo do mar. Con esta iniciativa, levada a cabo grazas aos fondos de dinamización cos cales conta o grupo, o GALP Ría de Pontevedra quere promover o interese polo sector marítimo – pesqueiro dende unha perspectiva profesional e laboral que free a falta de remuda xeracional que o sector pesqueiro ven experimentando nos últimos anos.
O programa, presentado a todos os centros educativos públicos e concertados do territorio do GALP Ría de Pontevedra (Bueu, Poio, Marín, Meaño, Sanxenxo e Pontevedra), realizouse en dúas fases. A primeira consistiu nun obradoiro no centro de ensino a través do cal mostráronse aos/ás participantes os diferentes oficios vinculados co sector e as titulacións académicas necesarias para realizar ditas profesións. A segunda consistiu nunha excursión na cal visitáronse diferentes entidades do sector, en función do interese demostrado no obradoiro e no sector do mar como saída profesional, permitindo captar a realidade do sector marítimo – pesqueiro, e vivir de primeira man os oficios e experiencias dos traballadores do sector.
Dende o seu inicio o 11 de outubro no IES de Poio e ata o remate do proxecto o pasado 19 de decembro, o GALP Ría de Pontevedra realizou 24 obradoiros nos distintos centros públicos e concertados do seu territorio, informando a máis de 900 alumnos/as sobre as distintas titulacións e saídas profesionais que ofrece o mundo do mar. No mes de novembro co IES de Sanxenxo comezou a segunda fase do proxecto a cal rematou o xoves 19 co IES Illa de Tambo. Durante a segunda fase do proxecto o GALP Ría de Pontevedra ensinou aos/ás alumnos/as de 4º ESO e 1º Bacharelato dos centros de ensino do seu territorio como é o traballo nas distintas empresas do sector marítimo – pesqueiro: AMEGROVE, Estaleiros Polymade, Mariscos Malliño, lonxa de Portonovo, ASMECRUZ, lonxa de Bueu, Escola de F.P. Náutico – Pesqueira de Bueu , O Percebeiro, Punto de control das mariscadoras de Lourizán, INTECMAR, Rodman Polyships e Rosa de los Vientos, a quenes o GALP Ría de Pontevedra agradécelles a súa colaboración.
Dar a coñecer os traballos e as distintas saídas académicas vinculadas ao mar é unha boa maneira de que os/as mozos/as valoren e teñan en consideración o sector marítimo – pesqueiro e o emprendemento a través das axudas do GALP Ría de Pontevedra coma una opción de futuro e conseguir así a remuda xeracional tan necesaria neste sector.
OBRADOIROS | |
SES./DATAS | ALUMNADO |
1 sesión – 11 OUT | 4ºESO – IES de Poio (Poio) |
3 sesións – 14 e 15 OUT | 4ºESO -IES Illa de Tambo (Marín) |
2 sesións – 14 OUT e 4 NOV | 3º e 4ºESO -IES Johan Carballeira (Bueu) |
2 sesións – 17 OUT e 7 NOV | 3º e 4ºESO – IES Mestre Landín (Marín) |
2sesións – 18 e 29 OUT | 3º e 4ºESO – IES de Sanxenxo (Sanxenxo) |
2 sesións – 21 e 22 OUT | 4ºESO e 1º Bacharelato – IES A Xunqueira I (Pontevedra) |
2 sesións – 21 e 23 NOV | 4ºESO – IES A Xunqueira II (Pontevedra) |
3 sesións – 24 e 25 OUT | 4ºESO, 1ºBacharelato e FP Básica IES Chan do Monte (Marín) |
1 sesión – 24 OUT | FP Superior IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) |
2 sesións – 6 NOV | 3º e 4ºESO – IES de Meaño (Meaño) |
2 sesións – 13 NOV | 4ºESO -CPR Sagrado Corazón (Pontevedra) |
2 sesións – 22 e 29 NOV | 3º e 4ºESO – CPR Sagrado Corazón Placeres (Pontevedra) |
VISITAS | |
DATAS | ALUMNADO |
19 DEC | 4ºESO -IES Illa de Tambo (Marín) |
20 NOV | 3º e 4ºESO -IES Johan Carballeira (Bueu) |
8 NOV | 3º e 4ºESO – IES de Sanxenxo (Sanxenxo) |
25 NOV | 4ºESO e 1º Bacharelato – IES A Xunqueira I (Pontevedra) |
21 NOV | 4ºESO, 1ºBacharelato e FP Básica IES Chan do Monte (Marín) |
10 DEC | FP Superior IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) |
14 NOV | 3º e 4ºESO – IES de Meaño (Meaño) |
4 DEC | 3º e 4ºESO – CPR Sagrado Corazón Placeres (Pontevedra) |