Os Galp galegos celebran un seminario sobre Realidade Virtual e Aumentada aplicada aos museos
- A charla, que se imparte en Muros (A Coruña) o 11 de xuño, estará a cargo da empresa Xoia Extending Reality, creadora do primeiro museo 100% virtual en España
- A actividade enmarcase no proxecto Pasaporte REMA, financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP) e na que participan os Grupos de Acción Local do Sector Pesquero (GALP) Galegos
- O evento, que se pode seguir de xeito online, está aberto a todo o público
O proxecto Pasaporte REMA achega a cultura do futuro aos museos. Para elo, a fábrica de Sel en Muros (A Coruña) acolle o venres, 11 de xuño, ás 10 horas un seminario para mellorar a experiencia dos visitantes aos museos mediante o uso da Realidade Aumentada e Virtual, entre outras tecnoloxías.
A charla estará a cargo da startup galega Xoia Extending Reality, creadora do primeiro museo 100% virtual en España. O seu CEO, Xoel Vázquez explica que “o Museo 4.0 pode proporcionar unha experiencia auténtica e personalizada; que se inicia antes da propia visita ao espazo físico”. O mapeo interior no deseño das salas ou o emprego de sensores e beacons, que son pequenos dispositivos con tecnoloxía bluetooth que permiten a comunicación automatizada; son outros exemplos de avances tecnolóxicos sobre os que falará durante o seminario.
Os membros da Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (Rede REMA), composta por 31 museos localizados en Galicia, Portugal e Asturias, están convidados a participar no evento. Ademais, calquera persoa ou institución interesada en poñer en valor o patrimonio mariñeiro atlántico europeo pode asistir ao seminario.
As persoas interesadas en acudir deben realizar previamente a súa inscrición a través do correo electrónico: info@redrema.eu. A charla poderá seguirse tamén de xeito virtual. Ao público que non poda acudir de xeito presencial, se lles facilitará o enlace para elo.
PASAPORTE REMA
Pasaporte REMA, proxecto financiado polo Fondo Marítimo de Pesca (FEMP), ten como obxectivo desenrolar unha actividade turística creativa e adaptada á nova realidade. Para elo, o proxecto persegue a implementación das TIC como canle para a información, aprendizaxe e formación dos visitantes e para a promoción da oferta cultural dispoñible nos espazos da Rede REMA.