Revisión – Modificación da proposta de resolución de axudas
En reunión da Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra celebrada o pasado día 22 de xuño de 2021, con quórum dabondo e, en segunda convocatoria, adoptáronse os seguintes acordos relativos ao punto segundo da do día: revisión da proposta definitiva de aprobación de proxectos presentados á primeira convocatoria de axudas da anualidade 2021 logo da súa devolución.
A xerente da conta da segunda devolución da proposta de aprobación de proxectos pola Consellería do Mar con incidencia en diferentes proxectos que foi remitida a todos os membros das Xunta Directiva xunto coa convocatoria da reunión. A devolución da proposta fai referencia aos diferentes expedientes que a continuación se abordan de xeito independente.
- Expedientes promovidos polo Concello de Pontevedra (GALP 6 – 182, GALP 6 – 183, GALP 6 –185, GALP 6 – 186 e GALP 6 – 187)
- Expediente promovido polo Samia Bemsalim Bouraika (GALP 6 – 184)
Ademais destes expedientes citados na devolución da proposta, nestes días se están facendo comprobacións e revisión das propostas de aprobación e se atoparon erros de cálculo nalgunha das resolucións individuais que acompañan á proposta global do Grupo e noutras ocasións se detectaron erros na proposta publicada que cómpre subsanar.
Os detalles poden consultarse no documento de Certificación de Acordos.
ANEXO 1 PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CONCESIÓN DE AXUDAS
ANEXO 2 PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS
A Xunta Directiva acorda que, unha vez se conte co informe xurídico, publicarase a proposta modificada de resolución definitiva no taboleiro de anuncios do GALP e na páxina web https://galp.xunta.gal/e na do GALP coa advertencia de que esta non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.