Proposta de Resolución Provisional da Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021-08
A Xunta Directiva do GALP Ría de Pontevedra en reunión celebrada na data do 6 de outubro de 2021 en Marín, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021”.
Nos seguintes enlaces poden consultarse as resolucións provisionais:
- Certificado Xunta Directiva resolución provisional Convocatoria 2021 – 08
- Anexo I. Proposta provisional Xunta Directiva aprobación produtivos e non produtivos Convocatoria 2021
- Anexo II. Proposta provisional Xunta Directiva desestimación de proxectos Convocatoria 2021 e proxectos pendentes de completar documentación sen posibilidade de avaliación
- Anexo III. Avaliación proxectos produtivos Convocatoria 2021
- Anexo IV. Avaliación proxectos non produtivos Convocatoria 2021
Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos produtivos e non produtivos da Convocatoria 2021-08, non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para proxectos produtivos e non produtivos para esta convocatoria 2021 – 08.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Ría de Pontevedra.
Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 3 de agosto de 2021, da Consellería do Mar, outorgase un prazo de alegacións contra este acordo de 5 días hábiles contados dende a data da súa publicación.