‘Bitácoras do Mar’ coñece o que se move no teu territorio
- Coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte, este proxecto de cooperación busca visibilizar o papel dos grupos de acción local do sector pesqueiro
- Participamos os territorios do Golfo Ártabro Norte e Golfo Ártabro Sur, Costa Sostible, Ría de Arousa e Ría de Pontevedra
O proxecto Bitácoras do Mar, permitirá coñecer os logros acadados polos GALP na aplicación das Estratexias Desenvolvemento Local Participativo, e a súa contribución ao desenvolvemento das zonas costeiras e á promoción de iniciativas ligadas ao crecemento azul.
A fase inicial de Bitácoras do Mar céntrase na posta en valor daqueles proxectos significativos e que son considerados «boas prácticas» e referentes de iniciativas nos territorios costeiros. Para iso, lanzamos o concurso no que o público pode participar na elección da iniciativa que considera máis destacable.
Bitácoras permitirá coñecer con detalle os proxectos, pero tamén ás persoas e entidades que os puxeron en marcha e poderemos afondar nas características ou criterios que fan que as iniciativas elixidas destaquen pola súa singularidade e valor diferencial en relación aos obxectivos da economía azul.
Podes participar do concurso premendo nos seguintes enlaces:
- GALP Ría de Pontevedra: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP6
- GALP GOLFO Artabro Norte: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP2
- GALP Golfo Ártabro Sur: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP8
- Galp Costa Sostible: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP4
- Galp Ría De Arousa: https://i.gal/Concurso-Bitacoras-GALP5