Pesar polo naufraxio do Villa de Pitanxo
Desde o GALP Ría de Pontevedra enviamos todo o noso cariño e apoio ás familias, amizades e compañeiros da tripulación do Villa de Pitanxo.
Unha aperta inmensa tamén ao Grupo Nores. Estamos con todos vós.
Queremos agradecerlle tamén a todos os equipos de salvamento e demais embarcacións o seu traballo na busca da tripulación.
O mar moito nos dá, o mar canto nos quita!