Así foi o derradeiro Parladoiro das Bitácoras no territorio do GALP Ría de Pontevedra

  • A actividade tivo lugar onte, 30 de xuño, na Confraría e na Lonxa de Portonovo, en Sanxenxo.
  • A actividade do Parladoiro na Confraría incluiu unha mesa redonda sobre gobernanza nas zonas costeiras onde participaron especialistas vencelladas á temática do evento.
  • Ao rematar, as asistentes visitaron as instalacións da Lonxa para achegarse ao labor do Grupo nela e puideron asistir á subasta
  • Este foi o derradeiro parladoiro no territorio dos grupos promotores e o proxecto das Bitácoras chegará ao seu fin na primeira quincena de xullo

O proxecto Bitácoras é unha proposta de colaboración entre os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia, que pon en valor a interacción entre os GALP, anota o traballo desenvolto ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca no período 2014-2020, e afonda na gobernanza das zonas costeiras, apoiándose nun enfoque metodolóxico do DLP (Desenvolvemento Local Participativo). Participan del o GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Pontevedra.

Os Parladoiros

Dentro das actividades previstas na grella do proxecto atopamos os Parladoiros, xornadas de reflexión conxunta que queren poñen en común experiencias de referencia no territorio en distintos eixos temáticos que van do desenvolvemento sostible das zonas costeiras, ata a innovación e o consumo no sector, pasando por cuestións vencelladas á identidade dos territorios costeiros, os retos da economía azul e o pacto verde na costa galega ou a gobernanza nos territorios do litoral.

Ría de Pontevedra: gobernanza nas zonas costeiras

A andaina das Bitácoras chegou este pasado xoves 30 de xuño cun Parladoiro celebrado nas instalacións da confraría e mais a Lonxa de Portonovo (Sanxenxo).

A xornada pivotou en torno gobernanza das zonas costeiras cunha mesa redonda composta por perfís investigadores especializados en cuestións de pilotaxe dos territorios do litoral.

Ás 16h dábanse cita as participantes do Parladoiro no lugar de sede da actividade, a confraría de Portonovo. Pasaban das 16.30h cando Mari Carmen Vázquez Nores, presidenta do GALP, agradecía a asistencia ás persoas participantes, introducindo a intervención de Laura Nieto -xerente do GALP-. Esta última explicou ao comezo a importancia que ten o grupo dentro do territorio da Ría de Pontevedra. Falou Laura do papel e a importancia do labor do GALP e explicou ás convidadas o seu labor, facendo unha re lexión sobre a experiencia da xestión e desenvolvemento dos proxectos promovidos polo grupo. Explicou tamén cuestiónscuestións vencelladas ao nivel de  xecución do programa 2014-2020 do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca no seu territorio.

Ao remate de Laura comezou a mesa redonda, eixo central da actividade e moderada por ela mesma, na que se propuxo a gobernanza das zonas costeiras como cuestión temática.

Mesa redonda: a gobernanza nas zonas costeiras

Abriu a mesa Marta Ballesteros, do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) de Vigo cunha intervención participada na que profundizou sobre a gobernanza e a participación das confrarías de pescadores. Conduciu o ío da súa intervención con cuestións académicas, pero quixo facer o seu relatorio máis ameno para as convidadas do sector, propoñendo exercicios que favorecesen a participación das mesmas. Marta incluiu ao longo da súa exposición sendas re lexións sobre a necesidade das persoas que habitan o territorio costeiro galego de vivir de cara ao mar e a necesidade de que participen no goberno e pilotaxe de cuestións ideosincráticas da costa.

Proseguiu Jose Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas, para falar do papel do Parque na gobernanza do territorio que ocupa, así como algúns dos proxectos que dende a entidade se promoveron co apoio do GALP da Ría de Pontevedra. Incidiu en cuestións cuestións relacionadas co desenvolvemento sostible da costa, liña motriz do filosofía das Bitácoras.

O documental das Bitácoras

Ao rematar a mesa, proxectouse o documental das Bitácoras no territorio da Ría de Pontevedra. A peza repasa o traballo desenvolto polo GALP no territorio, centrándose nos proxectos que se desenvolveron nesta zona co apoio do programa de axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, xestionado polo grupo en colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Como broche inal á sesión, visitouse a exposición da Mostra de Boas Prácticas nos territorios promotores das Bitácoras, onde se recollen as especi icidades dos proxectos seleccionados polas xuntas directivas e o público de entre todos os aprobados ao longo do programa 2014-2020.

Visita a Lonxa


Ao rematar a actividade na confraría, as e os asistentes trasladáronse ás instalacións da Lonxa, situada a escasos metros. Alí puideron facer un percorrido pola nave e o persoal trasladou máis polo miúdo as dinámicas diarias da Lonxa, e ixo unha pequena exposición sobre artes de pesca e lóxicas de traballo e amosaron os proxectos desenvoltos con axuda do Grupo de Acción Local no Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra.

Tamén puideron asistir á subasta das 19h, onde viron a poxa.

Sobre as 19.30h serviuse unha pequena degustación de produto pesqueiro da contorna norestaurante O Pescador -local situado na planta superior á Confraría de Portonovo que tamén contou con apoio do GALP para a súa posta en marcha-, que puxo in á xornada e abriu un momento máis distendido entre as persoas asistentes dos cinco territorios costeiros que abranguen os GALP participantes.

Broche final á proposta temática dos Parladoiros das Bitácoras

Rematou así o derradeiro dos Parladoiros deseñados no marco do Proxecto das Bitácoras, que se suma aos xa desenvoltos nos territorios do GALP Costa Sostible , o GALP Golfo Ártabro Norte, Ría de Arousa e Golfo Ártabro Sur.

A previsión é realizar unha xornada de peche do proxecto na primeira quincena de xullo para dar conta dos resultados do proxecto e poñer en común as leccións aprendidas e os retos da zona costeira galega de cara ao novo programa do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).