Contratación – Asistencia técnica para emisión de informes de axuste das certificacións de obra a proxectos aprobados

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra, co motivo de elaborar as
propostas de certificación de proxectos aprobados que deben xustificar obras ao longo deste
ano 2021, precisa dunha asistencia técnica para a realización do seguinte traballo:

l. Comprobación das certificacions de obra emitida polos técnicos de proxectos aprobados ao
abeiro da EDLP do GALP Ría de Pontevedra e o seu axuste á realidade das obras executadas.

2. Realización das visitas de inspección das obras.

3. Emisión de informe de axuste das certificacións de obra aos proxectos aprobados.

O número de proxectos obxecto de valoración non está definido neste intre xa que ainda están
pendentes de aprobación os proxectos da anualidade 2021.

Por este motivo, deberá achegarse un orzamento unitario por proxecto, se o desexa, variable
en función do orzamento da certificación de obra a analizar, por tramos de importe.

Ademais das bases de contratación compartimos a declaración responsable segundo modelo Anexo III que deberán achegar cuberta xunto coa súa oferta.

O adxudicatario deberá acreditar a ausencia de vinculación e conflito de interese cos promotores e técnicos dos proxectos a revisar.

Para calquera información adicional, non dubiden en poñerse en contacto co GALP Ría de Pontevedra chamando ao 698 180 887 ou enviándonos un correo ao enderezo electrónico gacpontevedra@gmail.com