Conversamos con Catalina González Bea sobre as redeiras
Recentemente, o Galp Ría de Pontevedra promoveu unha actividade formativa sobre a reciclaxe de redes de pesca como material de partida para a elaboración de traballos de artesanía. Esta acción enmárcase na liña de traballo desta entidade de achegar formación co obxectivo de xerar capacidades no territorio para o desenvolvemento de proxectos. Neste caso, dado o interese manifestado pola Asociación de Mulleres Virxe do Porto de recuperar a cultura mariñeira derivada do traballo coas redes de pesca, facilitouse esta actividade que foi impartida por Catalina González Bea. Tras o curso falamos con ela para coñecer mellor o seu traballo, a actividade das redeiras, e o aproveitamento que as persoas participantes fixeron desta formación.