MAR DAS ILLAS ATLÁNTICAS
A Consellería do Mar vén de resolver a concesión dunha axuda ao proxecto de cooperación interterritorial “Mar das Illas Atlánticas: Rede de apoio e preparación dos profesionais da pesca ao turismo mariñeiro”. O proxecto, presentado conxuntamente polos Grupos de Acción Local Pesqueir
a Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría de Vigo – A Guarda, impulsará unha rede colaborativa para promover o turismo mariñeiro por parte dos profesionais do mar no ámbito galego.
O Grupo presentou o día 30 de xuño un proxecto á convocatoria de proxectos de cooperación para GALPs que xestiona a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar que recibiu a concesión da axuda solicitada do 100 % do orzamento do proxecto.
Tal e como promove o Crecemento azul , o turismo mariñeiro e un pilar fundamental no desenvolvemento do mesmo razón pola cal a diversificación da actividade pesqueira é un dos principais eixes que constitúen as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos diferentes Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), recollendo nelas medidas de actuación en referencia a diversificación turística do sector pesqueiro. Neste contexto, cando os membros do sector pesqueiro queren realizar actividades turísticas, en concreto turismo mariñeiro a bordo de embarcacións de pesca, atópanse perdidos sen saber a onde acudir, cales son os requisitos para levar a cabo este tipo de actividade, que implicacións administrativas teñen, etc. e ante esta falta de información, os GALP queren levar a cabo un proxecto que apoie e impulse ao sector pesqueiro a realizar actividades de turismo mariñeiro.
Cada vez son máis os turistas que visitan as Rías Baixas atraídos pola gastronomía, o patrimonio marítimo e a vida mariñeira demandando o desenvolvemento de actividades mariñeiras que lles permitan ver e vivir de cerca a actividade pesqueira das vilas costeiras. Neste sentido son cada vez máis as confrarías que, ante a demanda de turistas, realizan visitas guiadas polas lonxas e portos (tanto con adultos como con escolares) nas que transmiten a súa experiencia e paixón polo mar. Sen embargo existe unha importante demanda que non poden satisfacer, turismo mariñeiro a bordo de embarcacións pesqueiras, xa que se atopan cunha falta de lexislación e información dos trámites necesarios para desenvolver estas iniciativas.
Neste marco, os GALP das Rías Baixas (Arousa, Ría de Pontevedra e Vigo – A Guarda) queren por en marcha as bases para a realización deste tipo de turismo polo que plantea un proxecto no que interveñan todos os axentes implicados definido os trámites a seguir, unha rede de asistencia técnica e o traballo a realizar para a posta en marcha do turismo mariñeiro nas Rías e entorno ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
O proxecto contempla as seguintes actividades e obxectivos:
- Xornada técnica de estudo de alternativas de turismo mariñeiros nas Rías Baixas: Responde á necesidade de informar ao sector co obxectivo de amosar os diferentes aspectos vinculados ao desenvolvemento das actividades de turismo mariñeiro: administrativo, fiscal, laboral (Seguridade Social), turístico….
- Formación inicial dos profesionais do mar para a actividade de Guías do Parque Nacional: Con esta formación preténdese achegar ás persoas participantes á xestión da actividade no marco do turismo mariñeiro e da difusión do patrimonio marítimo pesqueiro da zona así como complementar o perfil profesional destes profesionais como guías do Parque para a divulgación do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.
- Edición de guías/manuais: Ao fin de recoller as conclusións acadadas na xornada técnica e difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro realizaranse dúas guías informativas, unha dedicada ao emprendemento e os aspectos técnicos, e outra sobre o valor turístico e medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas como punto de interese no turismo mariñeiro
- Rede de comunicación: Co fin de promocionar o proxecto e comunicar as diferentes actividades a desenvolver e os principais resultados acadados dentro do proxecto dinamizaranse os principais eventos e novidades do programa a través de RRSS e realizarase o deseño da imaxe corporativa do proxecto.
O proxecto ten unha duración prevista de un ano.