Tangram centro Multidisciplinar
Creación dun centro multidisciplinar, onde se achegará á comunidade infantil e xuvenil o coñecemento dos recursos da zona, a sensibilización no desenvolvemento sostible e no respecto ao medio mariño dende pequenos, a través das actividades e obradoiros propostos. Poñeranse en valor as tradicións mariñeiras, os recursos pesqueiros e marisqueiros e o patrimonio material e inmaterial do noso territorio mediante o ensino, e a realización de actividades e obradoiros para os mais pequenos; concienciándoos e promovendo unha educación ambiental e sensibilización co coidado e a mellora do medio natural, do mar, un coñecemento do medio que nos rodea, da ecoloxía, das enerxías renovables, os recursos e os produtos costeiros da zona.