Turismo mariñeiro en Vilaxoán e visita virtual
Pódense diferenciar varias partes neste proxecto:
– 5 paneis que van ser colocados en Vilaxoán e que versarán sobre a súa vinculación co mar (a primeira batea, a industria conserveira, a salazón das sardiñas (as revenidas) as artes de pesca utilizadas e unha homenaxe ao pobo de Vilaxoán) e que constituirán a ruta mariñeira en Vilaxoán.
– Un panel que se instalará no centro de Vilagarcía e que será o nexo de unión entre as rutas (os paneis), que agora van ser instalados en Vilaxoán cos que xa están, formando outra ruta, en Carril. Deste xeito, ambas rutas fundiranse formando unha ruta mariñeira por todo o borde marítimo de Vilagarcía, dende Carril a Vilaxoán.
– O embelecemento da Variante Espiritual do Salnés e da Ruta do Padre Sarmiento (que en Vilagarcía coinciden no seu trazado), coa instalación en O Rial (Vilaxoán) dunha silueta en chapa de aceiro, instalada sobre unha rocha na praia das Saíñas. E a colocación dun sinal, no mesmo material que a figura anterior, co lema “Santiago 45 km”, que estará moi preto do albergue de Peregrinos que se vai a poñer en funcionamento en Carril.