Un Mar en Común
‘Un Mar en Común. A afouteza da xente do mar’ é un proxecto colaborativo coordinado polo GALP Ría de Pontevedra en colaboración cos GALP A Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte e GALP Golfo Ártabro Sur, financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da PEsca (FEMP) nun 85% e pola Consellería do Mar nun 15%.
A iniciativa, desenvolveu un traballo de colaboración entre os catro GALP para abordar unha diagnose da participación do seu tecido asociativo e establecer os mecanismos e ferramentas necesarios para o seu fortalecemento. O traballo, levado a cabo ao longo do ano, contou cun amplo proceso de investigación, no que foi indispensable a colaboración das entidades asociadas ao GALP, as cales suman na actualidade máis de 200, pertencentes aos sectores pesqueiro, público, social e económico. Nun primeiro momento, realizáronse un total de 90 entrevistas para coñecer de primeira man a valración do tecido asociativo sobre a participación e interacción cos GALP. Posteriormente, leváronse a cabo diversas sesións de asesoramento e xornadas de formación para a mellora das competencias e habilidades na participación e na comunicación interna e externa.
As conclusións e resultados do proxecto foron recollidas nun Manual de Boas Prácticas dirixido especificamente aos xestores e persoal técnico dos GALP, onde se expoñen un conxunto de recomendación a ter en conta para mellorar as estratexias de comunicación e fomento da participación e implicación co seu tecido asociativo.
Na seguinte ligazón podes acceder ao manual.
A continuación podes ver o vídeo resumo do traballo levado a cabo.