A presentación das solicitudes de axudas esténdese ata ás 23:59 horas deste venres, 1 de marzo

Dadas as dificultades rexistradas no día de onte, 29 de febreiro, para a presentación electrónica das solicitudes de axudas FEMPA 2021-2027 na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, desde o GALP Ría de Pontevedra trasladámoslle ditas incidencias á Área de Administración Dixital.

A Área de Administración Dixital publicou este venres o certificado de interrupción do servizo entre as 19:20 horas do día 29 de febreiro e as 1:27 horas do 1 de marzo en https://sede.xunta.gal/certificados-de-interrupcion-do-servizo.

Deste xeito, reabriru o procedemento PE155A – Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas polo que as persoas afectadas deberán presentar as súas solicitudes de axudas ata ás 23:59 horas deste venres, 1 de marzo, desde a seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A

Para calquera dúbida ou incidencia poden contactar co GALP chamando ao 698 180 887 | 886 21 30 15 ou mediante correo electrónico gacpontevedra@gmail.com.