Chega unha nova ferramenta para conectar co sector mariñeiro: a canle de WhatsApp do GALP Ría de Pontevedra
O GALP Ría de Pontevedra lanza unha nova canle de comunicación a través de WhatsApp co obxectivo de facilitar o acceso á información a profesionais, entidades, administracións e demais axentes interesados no desenvolvemento sostible da nosa ría.
A través desta canle de difusión poderase recibir, de forma rápida e directa, toda a información relevante relacionada co GALP e o sector marítimo pesqueiro.
Que ofrece a canle de WhatsApp?
- Información actualizada sobre convocatorias de axudas.
- Novidades do sector do mar.
- Novas sobre actividades, proxectos e iniciativas promovidas polo GALP e as súas entidades socias e/ou colaboradoras.
Como unirse?
- Preme na ligazón.
- Preme en ‘Ver canal’.
- Abrirase a canle no teu WhatsApp.
- Preme en ‘Seguir’ na parte superior.
Con esta nova iniciativa, o GALP quere reforzar a súa comunicación e estar máis preto de todos os axentes implicados no desenvolvemento da ría. Súmate!