FARCLIMATE e GALP Ría de Pontevedra organizan unha xornada sobre adaptación climática no sector pesqueiro
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra e o proxecto europeo FARCLIMATE organizan unha xornada clave para a procura de solucións de adaptación ao cambio climático no sector pesqueiro. O evento, impulsado pola Universidade de Vigo, terá lugar o vindeiro martes 11 de marzo ás 17:00 horas nas instalacións de Salmoira (Ponte Nova, 31, baixo, 36003 Pontevedra).
Esta iniciativa busca abordar os desafíos que enfronta o sector pesqueiro debido ao cambio climático, explorando solucións innovadoras e sostibles. A xornada contará coa participación de expertos, investigadores e representantes do sector, quen analizará estratexias para fortalecer a resiliencia climática e fomentar unha pesca sostible na rexión.
María del Carmen Vázquez Nores, presidenta do GALP Ría de Pontevedra, destaca a importancia que teñen este tipo de espazos para a construción de estratexias conxuntas que logren un futuro máis sostible.
Sobre FARCLIMATE
FARCLIMATE é un proxecto financiado pola Unión Europea baixo o programa Horizon Europe, cunha duración de catro anos. O seu obxectivo é desenvolver solucións transformadoras para a adaptación climática de sectores clave como a pesca, a agricultura e a silvicultura, promovendo enfoques innovadores e colaborativos para a resiliencia ambiental e económica.
Socios do proxecto
O consorcio está composto por catorce socios de seis países diferentes: UNIVERSIDADE DE VIGO (UVIGO) – España, CONTACTICA SL (CTA) – España, UNIÓN INTERNACIONAL PARA LA CONSERVACIÓN DE LA NATURALEZA (UICN) – Suíza, C4G – CONSULTING AND TRAINING NETWORK, LDA (C4G) – Portugal, INVIABLE LIFE CYCLE THINKING SL (INV) – España, MUNICIPIO DO FUNDAO (FUNDAO) – Portugal, GREEN GROWTH GENERATION (GGG) – Italia, UNIVERSITE DE LIEGE (ULIEGE) – Bélxica, FUNDACION CENTRO DE SERVICIOS Y PROMOCION FORESTAL Y DE SU INDUSTRIA DE CASTILLA Y LEON (CESEFOR) – España, UNIVERSIDADE NOVA DE LISBOA (UNL) – Portugal , FUNDACION PARA LA PESCA Y MARISQUEO FUNDAMAR (FUNDAMAR) – España. *EUROPEAN NETWORK OF LIVING LABS (ENOLL) – Bélxica, CENTRE FOR RESEARCH AND TECHNOLOGY (CERTH) – Grecia, LAUREA UNIVERSITY OF APPLIED SCIENCES (LAUREA) – Finlandia*
* A lista de consorcios do proxecto actualizarase tan pronto como se confirme a asociación.