Proposta de resolución definitiva da Xunta Directiva Galp Ría de Pontevedra – Convocatoria 2025
A Xunta Directiva do GALP RÍA DE PONTEVEDRA seleccionou os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025, código do procedemento PE155A (DOG nº36 do 21 de febreiro de 2025).
Outorgouse un prazo de alegacións de 10 días, durante o cal recibíronse alegacións ao respecto dos proxectos cos números de expedientes :
- PE155A-2025-00249
- PE155A-2025-00237
- PE155A-2025-00225
- PE155A-2025-00194
Estas alegacións foron debatidas na Xunta Directiva de data 20 de maio de 2025 e ,realizadas as oportunas correccións, a Xunta Directiva eleva a público a proposta de resolución definitiva que será remitida á Consellería do Mar para a súa aprobación definitiva .