O Galp Ría de Pontevedra celebra unha xornada de portas abertas para presentar a súa nova sede na Casa Rosada de Poio

  • O encontro contará coa presenza da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra celebra unha xornada de portas abertas o vindeiro 3 de xullo con motivo da inauguración dunha nova sede para as súas oficinas técnicas na Casa Rosada do Concello de Poio.

Ata o de agora a atención ao público víñase realizando nas oficinas que dispón o GALP no Porto de Marín. A posta en marcha desta nova sede permitirá achegar a atención ao público da banda norte da ría, compatibilizándoa co funcionamento da súa sede en Marín.

A xornada conta con diversos actos que comezan ás 17:00 horas cunha reunión dos representantes de todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia para abordar os proxectos e actividades de cooperación.

Ás 18:30 horas está prevista a celebración da Asemblea Ordinaria dos asociados e ás 19:00 horas comezará un acto aberto ao público de presentación das novas oficinas do GALP que contará coa participación da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, o alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a presidenta do GALP Ría de Pontevedra, María del Carmen Vázquez Nores, que rematará con música en directo e degustación de petiscos mariñeiros. Dado o aforo limitado, é imprescindible chamando aos teléfonos 886 21 30 15 ou 698 180 887.