Relevo Xeracional: O futuro do mar

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALPs) de Galicia promoven e poñen en marcha unha nova iniciativa denominada “Relevo Xeracional: O Futuro do Mar”.Trátase dun proxecto colectivo dos 8 GALPS galegos co apoio da Consellería do Mar e do FEMPA, destinado a garantir o relevo xeracional e fortalecer o vínculo entre a formación e o sector pesqueiro da nosa comunidade. O proxecto desenvolverase durante as anualidades 2025 – 2026, concretamente ata novembro de 2026.

O proxecto busca promover o coñecemento e consolidación da Formación Profesional Dual así como impulsar a FP Dual no sector marítimo-pesqueiro de Galicia, comoestratexia para facilitar o relevo xeracional, mellorar a empregabilidade da mocidade e reforzar a sostibilidade do modelo produtivo galego.

Ao longo de 2025 e 2026 desenvolveranse accións en todo o litoral galego, como por exemplo as que seguen, dirixidas a centros educativos:
• Sesións informativas e visitas a centros educativos.
• Visitas a centros e instalacións marítimo-pesqueiras.
• Embarques e experiencias reais para o alumnado.
• Participación na feira educativa EDUGAL.

Unha das actuacións principais, dirixida a toda a sociedade pero de xeito especifico ao sector da pesca, concretamente armadores, e na que nos gustaría contar con vós de xeito especial será a XORNADA INFORMATIVA SOBRE A FP DUAL que terá lugar no primeiro semestre do 2026. Nela explicaranse os pasos para saber como acoller alumnado en prácticas e como beneficiarse deste proceso, coa participación de expertos e entidades do sector.