A Xunta Directiva do GALP RÍA DE PONTEVEDRA seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta, e no estipulado na “Orde de Axudas do 12 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura -FEMPA- 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2026, código do procedemento PE155A (DOG nº10 do 16 de xaneiro de 2026).
Certificado de Xunta Directiva de resolución provisional Convocatoria 2026
Anexo I proposta de resolución provisional de Xunta Directiva
Anexo II proposta de resolución provisional de Xunta Directiva DESESTIMADOS/INADMITIDOS
04_Avaliación individual proxectos partida 770 (empresas e autónomos)
05_Avaliación individual proxectos partida 780 (entidades non lucrativas)
06_Avaliación individual proxectos partida 760 (Concellos)
Esta proposta de resolución provisional de Xunta Directiva para proxectos das partidas orzamentarias 770, 780 e 760, así como os desestimados/inadmitidos e a lista de reserva da Convocatoria 2026, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos, estando suxeita á dispoñibilidade orzamentaria de crédito para as partidas orzamentarias 770, 780 e 760 para esta convocatoria 2026.
Outórgase un prazo de alegacións de 10 días hábiles contados dende a data da súa publicación no taboleiro de anuncios do GALP Ría de Pontevedra e na web galp.xunta.gal, rematando o prazo de presentación de alegacións 23 de abril de 2026. En caso de non presentarse alegacións esta proposta convértese en DEFINITIVA



