Benvido a GALP-6! Hoxe é 02/12/2024

Cargando Eventos

Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Ría de Pontevedra organiza o vindeiro luns 21 de outubro unha xornada que ten como obxectivo central a dinamización dos mercados locais, promovendo o consumo dos produtos frescos locais, en especial daqueles procedentes da pesca e o marisqueo.

Baixo o lema ‘O noso mercado ten moito mar’, o encontro busca abordar os principais desafíos aos que se enfrontan os mercados locais, desde a importancia de adaptarse ás novas demandas das persoas consumidoras sen esquecer a súa tradición, proximidade e trato personalizado, ata a análise de estratexias que reforcen a identificación destes espazos coa calidade e o prestixio, potenciando á vez a súa actividade comercial e converténdoos en polos de atracción turística.

Hotel Carlos I Silgar, en Sanxenxo, acollerá o evento que dará comezo ás 10:00 horas e se prolongará ata as 13:30 horas para rematar cunha degustación de petiscos tradicionais. A xornada está dirixida, especialmente, a profesionais e representantes do sector, técnicos e representantes dos Concellos que teñen un papel importantísimo na xestión dos mercados locais. Para poder asistir é preciso anotarse enviando un correo electrónico a gacpontevedra@gmail.com ou ben chamando ao 886 21 30 15. As persoas inscritas recibirán un correo electrónico no que se lles confirme a súa praza, xa que son limitadas.

Detalles

Comienza:
21 octubre @ 08:00
Finaliza:
31 enero, 2025 @ 17:00
Etiquetas del Evento:
, , , , ,
Ir a Arriba