Benvido a GALP-6! Hoxe é 13/11/2026

Cargando Eventos

O GALP Ría de Pontevedra celebra o seu segundo ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde en Marín. A actividade consiste nun curso práctico de cociña na que participan profesionais da cociña e nutricionistas. O obxectivo é aprender a organizar sesións de cociñado para preparar menús semanais saudables incorporando produto pesqueiro.

O curso desenvolverase nunha sesión de catro horas, o vindeiro martes 3 de novembro, en horario de 17:00 a 21:00 h. Terá lugar no Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria (Parque Azul de Cantodarea, Marín). O curso é gratuíto e cómpre inscribirse na web do proxecto (pescasaude.gal) ou no teléfono 627 570 949.

A profesional convidada será Nieves L. Martín, da Escola de cociña Cousiñas, que estará acompañada por unha nutricionista de Arela Saúde.

Ademais, o curso contará coa participación de representantes do sector pesqueiro, que explicarán ás persoas participantes a importancia do consumo de produto local, os seus métodos de extracción e as especies mariñas que ofrece a nosa contorna.

Detalles

Fecha:
3 noviembre
Hora:
17:00 - 21:00
Etiquetas del Evento:
, , ,
Ir a Arriba