64 restaurantes do litoral galego ofrecen menús saudables con produto do mar dentro do proxecto ‘Pesca Saúde’ dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro
Baixo o lema ‘Come o mar, come saúde’, os restaurantes participantes incluirán, dentro da súa carta habitual, suxestións e menús deseñados en colaboración con nutricionistas que teñen como protagonista o produto pesqueiro.
Os produtos do mar están cheos de sabor e tamén de propiedades nutricionais. Co obxectivo de divulgar os beneficios que o peixe, o marisco, os moluscos e as algas teñen no noso benestar, os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) alíanse con establecementos de restauración para ofrecer os “Menús Pesca Saúde”. Unha oferta que demostra como se poden combinar a excelencia gastronómica, os hábitos saudables e o consumo de produto de proximidade.
Restaurantes adheridos a Pesca Saúde no GALP Ría de Pontevedra
- Restaurante Nordés – Bueu
- A Centoleira – Bueu
- É Restaurante – Marín
- O Muíño da Chanca – Meaño
- Restaurante O Peirao – Poio
- El Cafetín – Pontevedra
- O Pescador – Portonovo
- Pepa A Loba Tapería – Portonovo
- Restaurante Sabino – Sanxenxo





