O GALP Ria de Pontevedra fará a presentación oficial da convocatoria en Marín, no Auditorio do Edificio de Operacións Portuarias ás 17:00 horas en colaboración coa Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.
Para asistir á xornada é preciso inscribirse previamente a través do seguinte formulario, publicado tamén nas redes sociais do grupo, ou directamente chamando ao GALP Ría de Pontevedra (886 21 30 15).





