Benvido a GALP-6! Hoxe é 19/01/2026

Cargando Eventos

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALPs) de Galicia promoven e poñen en marcha unha nova iniciativa denominada Relevo Xeracional: O Futuro do Mar.

Trátase dun proxecto colectivo dos 8 GALPS galegos co apoio da Consellería do Mar e do FEMPA, destinado a garantir o relevo xeracional e fortalecer o vínculo entre a formación e o sector pesqueiro da nosa comunidade. O proxecto desenvolverase durante as anualidades 2025 – 2026, concretamente ata novembro de 2026.

O proxecto busca promover o coñecemento e consolidación da Formación Profesional Dual así como impulsar a FP Dual no sector marítimo-pesqueiro de Galicia, como estratexia para facilitar o relevo xeracional, mellorar a empregabilidade da mocidade e reforzar a sostibilidade do modelo produtivo galego.

O Acto oficial de presentación do proxecto Relevo Xeracional: O Futuro do Mar terá lugar o:

📅 Mércores, 10 de decembro de 2025.
🕠 Ás 17:00 h.
📍 Sala Eisenman – Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

A xornada poderase seguir en directo na seguinte ligazón.

Detalles

Comienza:
9 diciembre, 2025 @ 10:30
Finaliza:
10 diciembre, 2025 @ 23:00
Etiquetas del Evento:
, ,
Ir a Arriba