Benvido a GALP-6! Hoxe é 13/11/2026

Cargando Eventos

Unha nova oportunidade para descubrir o marisqueo de Lourizán desde dentro!

Este venres 9 de outubro, acompáñanos nunha visita guiada da man de Victoria López e María Jesús Martínez, mariscadoras da Confraría de Lourizán.

Unha experiencia para achegarse ao seu día a día, coñecer os saberes que hai detrás do oficio e descubrir a estreita relación entre o marisqueo, os recursos e o coidado da ría.

📅 Venres, 9 de outubro
🕙 10:00 h
📍 Punto de encontro: Colexio Sagrado Corazón de Placeres, Pontevedra
🎟️ Actividade gratuíta
📲 Inscricións: 618 32 00 33

A acción enmárcase no proxecto Mar e Rías Pesca&Turismo.

Detalles

Fecha:
9 octubre
Hora:
10:00 - 14:00
Etiquetas del Evento:
,
Ir a Arriba