O vindeiro 8 de xuño ás 19:30 horas, o Club Náutico de Portonovo acollerá a “‘Xornada de deportes náuticos e dinamización costeira”, unha iniciativa organizada polo GALP Ría de Pontevedra co obxectivo de crear un espazo de encontro entre entidades deportivas, sociais e vinculadas ao mar para reflexionar sobre como o deporte náutico pode contribuír á dinamización costeira, á inclusión social e á conexión da cidadanía co mar.






