Benvido a GALP-6! Hoxe é 13/01/2026

Cargando Eventos

Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra celebra unha xornada de portas abertas o vindeiro 3 de xullo con motivo da inauguración dunha nova sede para as súas oficinas técnicas na Casa Rosada do Concello de Poio.

A xornada conta con diversos actos que comezan ás 17:00 horas cunha reunión dos representantes de todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia para abordar os proxectos e actividades de cooperación.

Ás 18:30 horas está prevista a celebración da Asemblea Ordinaria dos asociados e ás 19:00 horas comezará un acto aberto ao público de presentación das novas oficinas do GALP que contará coa participación da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, o alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a presidenta do GALP Ría de Pontevedra, María del Carmen Vázquez Nores, que rematará con música en directo e degustación de petiscos mariñeiros. Dado o aforo limitado, é imprescindible chamando aos teléfonos 886 21 30 15 ou 698 180 887.

Organizador

GALP Ría de Pontevedra
Teléfono
886 213 015
Ver la web del Organizador

Local

Casa Rosada, Poio
Casa Rosada, Rúa Domingo Fontán, 4
Poio, 36163
+ Google Map
Ir a Arriba