O GALP Ría de Pontevedra: Como asociarse
O GALP-RP aplica o principio de portas abertas. Para formar parte do mesmo hai que cumprir os requisitos que figuran nos estatutos, adquirindo unha serie de dereitos e de obrigas, e presentar unha solicitude perante o GALP-RP acompañada da seguinte documentación:
- Copia compulsada da acta de constitución da entidade e dos estatutos debidamente rexistrados.
- Copia compulsada da acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente.
- Copia compulsada do C.I.F.
- Poder suficiente do/a representante da entidade solicitante e DNI compulsado da persoa representante.
- Memoria de actividades.
- Outros: Acordo da Xunta Directiva da entidade para asociarse ao GALP-RP e Nomeamento de representante legal e suplente ante o GALP-RP.