O GALP Ría de Pontevedra: Organización

O GALP-RP ten un funcionamento de base democrático, regulado polos seus Estatutos nos que se recollen os elementos claves de organización e funcionamento, así coma os principios da súa actividade no marco da Constitución e da Lei orgánica 1/2002, del 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Os Estatutos actualizados do GALP-RP foron aprobados na Asemblea Xeral do 14 de novembro de 2022.

Estatutos

O GALP-RP ten coma órganos directivos e de goberno a Asemblea Xeral, formada por todas as entidades asociadas, a Xunta Directiva, que está formada por presidente, vicepresidente, secretario, tesoureiro e un mínimo 13 vogais, e as Mesas Sectoriais, que organizan ás entidades asociadas en catro sectores: pesqueiro, social, económico e público. Conta ademais con persoal técnico para a súa xestión.

Con data 02 de xaneiro de 2023, o GALP Ría de Pontevedra asinou un Convenio de Colaboración coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia, tendo como obxectivo establecer as funcións e obrigas que asumen ambas partes na aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) no ámbito territorial da Ría de Pontevedra e, en particular, na xestión, control, seguimento e avaliación das axudas concedidas para o desenvolvemento de dita EDLP ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA).

Convenio de colaboración

Organigrama

Organigrama