Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)
Para dinamizar e beneficiar o tecido socio económico da área, promovendo a profesionalización e formando ao sector pesqueiro púxose en marcha unha Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para o periodo 2014-2020.
A EDLP baséase nuns obxectivos estratéxicos que recollen diversas liñas de proxectos:
Promoción de procesos e produtos pesqueiros de calidade
Liña de proxectos 1: Revalorización dos produtos do mar
Liña de proxectos 2: Xestión da cadea de valor dos produtos pesqueiros
Mellora da formación e emprendemento no sector pesqueiro
Liña de proxectos 1: Novos modelos organizativos e de negocio
Liña de proxectos 2: Capacitación para o sector pesqueiro
Liña de proxectos 3: Sinerxías con outros sectores na promoción do produto local
Aproveitamento dos recursos turísticos relacionados co mar
Liña de proxectos 1: Turismo desestacionalizado
Liña de proxectos 2: Mellora da oferta de produtos e servizos
Liña de proxectos 3: Proxección no exterior
Calidade de vida e cohesión social
Liña de proxectos 1: Servizos para mellorar o benestar social
Protección do patrimonio cultural e identidade territorial
Liña de proxectos 1: Identificación do patrimonio
Liña de proxectos 2: Reconstruír, valorizar e difundir o patrimonio
Intercambio do coñecemento e boas prácticas
Liña de proxectos 1: Cooperación no sector pesqueiro
Liña de proxectos 2: Aprendizaxe permanente e intercambios de experiencias.